Mazaricos pasa 25 horas sen teléfono fixo nin Internet

A avería debeuse ao fallo dun módulo da central e a compañía tivo sen servizo fixo nin Internet ducias de veciños, empresas, centro de saúde e a casa do Concello. A actividade estivo condicionada polo fallo na rede de datos. No Concello lembran que hai dous meses houbo outra avaría de vinte horas e hai tres semanas volveu fallar a conexión. En Mazaricos din que están cansos e amosan a súa indignación con Telefónica. Piden que o Goberno lle aplique sancións cuantiosas polo incumprimento dun servizo básico para o desenvolvemento da actividade. No Concello afirman que na Picota está instalada fibra óptica, pero por motivos que descoñecen, a compañía telefónica non acaba de poñela en servizo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha