Mazaricos pecha febreiro con 3 mostras de teatro na fin de semana


Mazaricos vivirá unha fin de semana de teatro veciñal este mes de febreiro. A Casa de Cultura de Mazaricos será a primeira parada da Mostra Itinerante de Teatro do Proxecto de Aulas de Teatro 5×5.

Unha iniciativa que xuntou a veciñas e veciños de todas as idades para descubrir e practicar o teatro. A Aula de Teatro 5×5 de Mazaricos está formada por catorce veciñas e veciños mazaricáns que representarán a obra ‘Serán’ dirixidos por Arantza Villar o venres 24 ás 8 da tarde. O sábado 25 e o domingo 26 representaranse ‘Enredos’ e ‘O roce fai rozadura’ das aulas de teatro de Bandeira e Allariz, respectivamente.

Mazaricos é a primeira parada desta iniciativa, que tamén visitará os concellos de Silleda, Vedra, Allariz e Lalín.