Mazaricos pon en marcha unha campaña de ‘Rasca e gaña’ de apoio ao comercio local

O Concello de Mazaricos, en colaboración cos comercios da localidade, lanza durante estas festas de Nadal e Reis unha campaña de promoción e incentivo do comercio local. Consistirá no reparto, entre os clientes dos distintos establecementos, de boletos tipo “rasca e gaña”. Os premios consistirán en vales de compra, por valor de 10 euros, nos establecementos adheridos á promoción, que colaboran achegando estes premios. Tamén haberá catro premios de vales de 50€ achegados polo Concello. Os clientes recibirán os boletos coa súa compra.

Os establecementos que participan nesta promoción son Calzados Peteyra, Óptica Mazaricos, Peluquería Corto e Cambio, Casa Senra, Casa Daniel, Picotiños, Katallana, Mareas Vivas, Mazdeporte, Mobles Tanexo, Rosa Moledo, Peluquería Princess Deluxe, O Peto, Mobles Pinares, Almacenes Casais, Panadería Jurjo, Ferretería Muíño, Peluquería Suárez, Panadería Arturo, Panadería Maroñas e Lavaroupa. Estes locais contan cun cartel no escaparate que os identifica como participantes nesta campaña.

O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Villar Covas, anima a veciñanza a apostar polo comercio local nas compras de Nadal. O edil considera que esta promoción incentivará “ás nosas veciñas e veciños a escoller o comercio local e o produto local á hora de facer as compras para as festas e os agasallos” e agradece a colaboración dos distintos establecementos participantes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha