Mazaricos prepárase para a XXIV Festa do Bolo do Pote


Os veciños do lugar da Picota, no municipio de Mazaricos, celebrarán unha nova edición da Festa do Bolo do Pote. Todos os asistentes a esta popular festa gastronómica poderán gozar coas degustacións de comidas e ceas con cocido e bolo do pote nos distintos establecementos hostaleiros do lugar nas xornadas do sábado 4 e domingo 5 de Marzo.

Tamén o domingo 5 terá lugar a XXIV Festa do Bolo do Pote. A festa comezará ás 13.00 horas co pasacalles do grupo de gaitas de Mazaricos. A continuación os presentes poderán degustar o bolo do pote no campo dá feira. Ás 15.30 horas dará inicio o pasacalles a cargo da charanga Alambique. Os menús de degustación nos establecementos colaboradores estarán compostos por bolos do pote, cocido galego, sobremesa, viño e café e o seu prezo será de 25 euros por persoa.

Tamén haberá, se o tempo o permite, inchables para os pequenos en horario de 12.30 a 15.15 e de 16.15 a 18.30 e celebrarase a Miniquedada Bolo do Pote 23.