O Concello de Mazaricos publicaba a próxima programación deportiva para este curso. Contarán de novo con grupos para actividades como ioga e pilates, dúas das máis demandadas nas pasadas incripcións, que se levan a cabo dende fai anos. Para estas actividades as inscripcións abriranse o 3 de outubro para Ioga, e o 4 de outubro para pilates. a partires das 11horas para as persoas empadroadas no concello. As persoas non empadroadas que queiran anotarse poderano facer a partires do día 9, a mesma hora. O curso comezará o 23 de outubro, con varias quendas. Tamén se contará con actividades de tenis e bádminton. As inscripcións abrirán para os mazaricáns empadroados o 21 de setembro as 11h para as dúas actividades. Para os interesados non empadroados poderanse anotar a partires do 25 de setembro, a mesma hora. O curso destes dous deportes comezará o 2 de outubro. As inscripcións faranse no teléfono 649 864 393.
12