Mazón asegura que «ninguén sabía que a xente afogaba» na tarde da dana

2 minutes read
  • Un grupo reducido das plataformas de vítimas reuníronse ante as portas da soberanía nacional para pedir o encarceramento do ‘president’ en funcións, que non está a ser formalmente investigado polo momento.

O ‘president’ valenciano en funcións evita calquera autocrítica durante a súa comparecencia no Congreso, dúas semanas despois de dimitir como xefe do Executivo autonómico, pero mantendo o seu aforamento como deputado en Lles Corts.

Repartiu culpas a torto e a dereito («hai moitos concellos non gobernados polo Partido Popular que non suspenderon os seus plenos», como exemplo) durante a súa comparecencia na sede da soberanía popular, nunha comisión cuxas conclusións non supoñerán consecuencias xurídicas para o mandatario.

Sobre a primeira chamada, afirmou que quizá non contestou porque «estaba a andar e tiña o móbil na mochila». «Podo non escoitar unha chamada, pero facer 16, 17 ou 18 chamadas para ir pedindo información non me parece estar ausente», defendeu.

Sobre a outra chamada, contestou: «Entendo que a das 19.36 fose difícil collela, igual estaba a falar con outras persoas», xa que falou con outros membros do Cecopi como o presidente da Deputación de Valencia, Vicent Mompó.

Mazón só exhibiu unha única mostra de asunción de responsabilidades ante a deputada eibarresa: o seu erro, dixo, foi non dar a imaxe dun dirixente que estivo onde tiña que estar. Tras unha decena de cambios de versións por parte do ‘president’ sobre o que fixo e onde mentres se desenvolvían os feitos do 29-O, faise complicado determinar o lugar ao que se refire.

A xuíz de Catarroja que investiga os acontecementos que acabaron coa vida de 229 persoas na Comunidade Valenciana solicitou os tickets do aparcadoiro do Ventorro: o céntrico restaurante valenciano onde Mazón comeu e sobremeseou coa comunicadora Maribel Vilaplana ata, segundo a última versión dispoñible, as 18.45; marco temporal que a maxistrada trata de confirmar.

A intervención de Rufián foi unha das máis duras, en fondo e forma, dos deputados que conforman a comisión: o catalán utilizou os 18 minutos da súa intervención para mostrarlle as fotos de varios falecidos e contextualizar as súas mortes. Ione Belarra, de Podemos, tamén foi contundente, cualificándolle de «homicida».