Mbappé rexeita ao Real Madrid e quedará no PSG


Kylian Mbappé rexeita ao Real Madrid e quedará no Paris Saint Germain, segundo avanza a prensa especializada francesa. É o fin do culebrón que mantiña sen alento ao mundo do fútbol respecto ao fin do seu contrato o 30 de xuño. O futbolista comunicaría a súa elección a Florentino Pérez, o presidente do Real Madrid, segundo medios españois. Esta noticia cae como un xerro de auga fría en Madrid, onde xa se daba por descontado que a estrela francesa ficharía polo club merengue, sobre todo despois do último fracaso do PSG na liga de Campións.