Medidas contundentes en Andalucía

1 minutes read

Andalucía endurecerá as restricións no seu territorio. Anunciábao este domingo o presidente Juanma Moreno despois da reunión do comité de expertos e ante o aumento imparable dos casos. Moreno indicou que se mantén o peche perimetral de toda Andalucía ata o 23 de novembro, e desde as doce da noite deste luns pecharanse todos os municipios da comunidade. O toque de queda adiántase ás dez da noite. Ademais, limítase a actividade non esencial ata as seis da tarde, agás en Granada, onde se decretou o peche total. As clases na universidade serán en liña xa desde o martes. O presidente andaluz asegurou que non está na man do seu Goberno decretar o confinamento domiciliario.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?