Medio Ambiente disporá o próximo ano dun orzamento de 373 millóns

Os orzamentos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para 2021 incidirán nas políticas máis próximas ao cidadán e que contribúan á recuperación económica de Galicia, prestando unha atención especial a aquelas relacionadas co acceso e mantemento da vivenda habitual, a rehabilitación do patrimonio construído e a implantación das empresas en solo industrial. Así mesmo, consolidarase a aposta dos últimos anos por unha xestión de residuos moderna e eficaz, que sitúe á Comunidade á cabeza de Europa e axude a crear máis emprego verde.

Intervención da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

Así o destacou a conselleira Ángeles Vázquez, quen explicou que as contas do seu departamento increméntanse nun 14,06%, ao pasar dos 327,32 millóns de euros de 2020 aos 373,6 cos que contará para o vindeiro exercicio, un ano durante o que, subliñou, as políticas de protección do patrimonio natural e da biodiversidade, así como as medidas relacionadas co urbanismo, o territorio e a integración paisaxística terán tamén un gran protagonismo.

Trátase do maior orzamento asignado á Consellería de Medio Ambiente desde o ano 2016, o que permitirá dar un salto cuantitativo e cualitativo en todas as políticas relacionadas coas súas catro grandes áreas de competencias: a vivenda e o solo empresarial; a xestión dos residuos e a loita contra o cambio climático; a protección do patrimonio natural e da biodiversidade; e a ordenación do territorio e posta en valor da paisaxe.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha