Medio Ambiente investirá 100.000 euros en actualizar e revisar o Plan Especial do Casco Histórico de Corcubión

1 minutes read

Así figura no convenio de colaboración asinado este luns entre a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Corcubión, Manuel Ínsua, en virtude do cal o departamento autonómico comprométese a asumir o 100% do custo dos traballos de revisión e actualización do Plan Especial do Casco Histórico de Corcubión (Pepoch), un paso que o concello estaba obrigado a dar tras a aprobación da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia de 2016.

Ángeles Vázquez lembrou que na comunidade só hai tres municipios cun plan especial anterior a 1995 e que a estas alturas aínda non iniciaron a súa actualización: Betanzos, Corcubión e Mondoñedo. E avanzou que nos tres casos o seu departamento achegará o financiamento necesario co fin de axudar a estes municipios a cumprir coa súa obriga e garantir a máxima protección así como a recuperación dos seus centros históricos.