Medio Ambiente traslada ao Ministerio a súa oposición a modificar a Lei de costas

1 minutes read

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reiterou a oposición do Goberno galego ao articulado sobre a duración das condicións en dominio público marítimo-terrestre que recolle o proxecto de Lei de Cambio Climático, que aborda o Goberno do Estado.

Así llo trasladou a conselleira ao secretario de Estado de Medio, Hugo Morán, durante a reunión da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente.

Recordou que introducindo articulado sobre a duración das condicións en dominio público marítimo-terrestre a través do proxecto de Lei de Cambio Climático está poñendo en perigo a economía de Galicia, polo que se o Goberno “mantén a tramitación, mantén a incerteza e pon en risco a máis dun cento de empresas”. Advertiu que a normativa estatal provocará erradicar do litoral de Galicia máis de 5.000 construcións, entre as que se atopan máis de 100 da cadea mar-industria galega.

Durante o encontro dixital tamén se abordou o reparto de fondos que recibirán as rexións para promover actuacións na área de influencia socioeconómica dos parques nacionais. Na vindeira convocatoria disporanse tres millóns de euros para promover accións nos parques nacionais, primando o número de hectáreas, como baremo para a distribución dos recursos.