Medio Ambiente triplica o importe das axudas para o fomento da protección animal

1 minutes read

A convocatoria actual sairá publicada por un importe global de 440.000 euros, fronte aos 125.000 euros dispostos no anterior exercicio. Así o recordou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita ao Centro de recollida de animais do Concello de Vilagarcía, ubicado na parroquia de Bamio; unha das protectoras máis antigas de Galicia inscrita no Rexistro de entidades de protección animal desde 1998, que se dedica á recollida de animais en situación de abandono, desamparo ou maltrato. Con estas axudas quérese apoiar o traballo destas entidades, que se preocupan por darlle unha nova vida e unha segunda oportunidades aos animais de compañía.