Medio centenar de taxistas de Vigo promocionarán o Xacobeo nos seus vehículos

0 minutes read

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na presentación dunha campaña de promoción do Xacobeo en Vigo á que se sumaron medio centenar de taxistas que divulgarán o Ano Santo coa colocación nos seus vehículos de vinilos co lema do acontecemento internacional. Esta iniciativa súmase ao acordo acadado o ano pasado coa hostalería viguesa para sinalizar o Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola cidade. A campaña estenderase durante seis meses e os 50 taxistas mostraron os seus vehículos titulados coa publicidade do Xacobeo.