Medio cento de nenos e nenas participaron nos campamentos dixitais de verán de Carballo

Case medio cento de nenas e nenos de nove a dezasete anos de idade participaron ao longo do verán nos campamentos dixitais organizados pola Concellaría de Innovación en colaboración coa Fundación Esplai. Este mércores rematou o cuarto. O alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Innovación, Iván Andrade, e a concelleira de Educación, Mar Eirís, ademais da técnica responsable da Aula CeMIT, Milagros Antelo, fixeron entrega dos diplomas á rapazada participante nesta última quenda.

Os campamentos, que forman parte do proxecto CRI-TIC, que ten como obxectivo mellorar as competencias dixitais da rapazada, permitiron aos participantes aprender a manexar de xeito responsable e consciente a tecnoloxía e as redes sociais, a contrastar a información, a previr o ciberacoso e a mellorar a súa seguridade na rede. Ademais, descubriron a robótica, as posibilidades da intelixencia artificial ou da realidade aumentada, entre outras moitas aplicacións.

Cada participante completou un itinerario formativo de 30 horas, polo que recibiu o correspondente diploma acreditativo.

Related posts

O PSdeG esixe unha ‘reforma integral’ do colexio Labarta Pose de Zas

A Asemblea Aberta do Profesorado do IES Eduardo Pondal de Ponteceso súmase aos «martes en loita»

Adxudicado o proxecto para reducir as infiltracións na rede de saneamento da Laracha