Medio cento de participantes en Carballo no curso de verán sobre dinamización lingüística

1 minutes read

Carballo converteuse esta semana nun centro de reflexión colectiva sobre a saúde do noso idioma. O Fórum acolleu a décimo sexta edición do Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística, organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración do Concello, e que desta vez centrouse en traballar en lingua no ámbito do lecer. A maior parte das persoas participantes proviñan da universidade, dos centros educativos e dos servizos de normalización lingüística, e todas elas puideron recoller dunha maneira activa as propostas e os coñecementos para aproveitaren nos seus traballos. Ademais de varios relatorios houbo obradoiros que permitiron aprender diferentes metodoloxías para achegarlles a lingua, a través do xogo, á mocidade, á infancia… na concienciación ambiental, na aprendizaxe escolar, no eido tradicional, nos espazos de lecer… E da man de Isabel Risco aprendeuse que co humor tamén se pode traballar a favor da calidade da lingua.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?