O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou co alcalde de Ordes, José Luis Martínez, a cesión temporal dun tractor e dous apeiros (1 rozadoira de brazo e unha trituradora suspendida traseira), que seguirá sendo propiedade da Xunta, pero estará a disposición deste concello para a prevención dos incendios forestais e para facilitarlle aos municipios beneficiados os traballos de limpeza de matogueira no ámbito das súas competencias.
A Consellería de Medio Rural asinou tamén con 20 alcaldes de toda Galicia os convenios para a adquisición doutros tantos tractores para a roza, que serán utilizados na prevención de incendios forestais nestes municipios. Os asinantes na provincia da Coruña foron os concellos de Mazaricos, As Somozas, Vedra, Vimianzo e Zas.
A Consellería continuará con esta iniciativa e en breve achegando financiamento, por un importe total de 3,2 millóns de euros este ano, para a adquisición de novos tractores, ata chegar a 35 neste exercicio. Estes sumaranse aos 35 subvencionados en 2017, co que xa serán 70 os apeiros financiados, que prestarán servizo a un total de 81 entidades locais.