Medio Rural avalía vías de colaboración para o desenvolvemento da aldea do Couto, en Ponteceso

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse este luns co xerente da Fundación Eduardo Pondal, Jose María Varela, e co alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, con quen avaliou posibles vías de colaboración para fomentar o desenvolvemento rural da aldea do Couto, situada nesta localidade, e dinamizada por esta asociación a través de proxectos de voluntariado veciñal.

Así, estudaron diversas iniciativas de índole social e cultural, co fin de impulsar as tarefas que está a levar a cabo a Fundación para contribuír ao futuro sostible e participativo da aldea. Neste sentido, a conselleira amosou a súa vontade de traballar de xeito conxunto para conseguir estes obxectivos.

Related posts

Amancio Ortega fíxase en Australia: Pontegadea e Macquarie alíanse para comprar Qube

O Concello de Zas impulsa un Directorio Empresarial para dar visibilidade aos negocios locais na nova web municipal

Nuno Moure e Iria Barreiro pecharon unha gran fin de semana no Campionato de Trail Running Classic