Medio Rural avanza na reestruturación de terras no concello de Vimianzo

1 minutes read

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo este martes unha reunión coa alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, con quen avaliou novas iniciativas para avanzar na reestruturación de terras neste municipio.

En relación cos procesos de reestruturación parcelaria existentes na localidade, a directora xeral sinalou que nestes momentos, e durante os vindeiros catro meses, se están a levar a cabo as correccións de cartografía para, posteriormente, poder elaborar os títulos da propiedade, para os cales se prevé un prazo estimado de tres meses. Na xuntanza estudaron tamén posibles vías de colaboración para impulsar de xeito conxunto a mellora das infraestruturas da localidade co apoio da Consellería.