Medio Rural inviste 80.000 € en cortalumes no distrito forestal de Fisterra

1 minutes read

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou o distrito de forestal ubicado en Vimianzo para saudar ao persoal que presta servizo nel, e coñecer de primeira man o traballo que desenvolven, así como as instalacións que ocupan.

Distrito Forestal V – Fisterra, comprende os concellos situados na parte occidental da provincia: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muros, Muxía, Santa Comba, Vimianzo e Zas.

Trenor lembrou que as funcións básicas deste distrito son a xestión forestal de limpeza e acondicionamento do monte e a prevención e extinción dos incendios para o que contan con máis de 117 traballadores, entre xefe de distrito, técnicos, emisoristas, vixiantes fixos, operadores codificadores, axentes medioambientais e brigadas de medio rural, ademais de 4 brigadas municipais conveniadas con Muros, Santa Comba, e Zas.

Trenor tamén lembrou que a Consellería do Medio Rural está a investir máis de 80.000 euros na mellora de áreas cortalume e de pistas forestais na Costa da Morte e Barbanza, co obxecto de avanzar na prevención de incendios. As actuacións céntranse en zonas de alto risco de rexistrar lumes forestais dos concellos de Vimianzo, Mazaricos, Carnota e Muros, todos eles pertencentes ao distrito forestal V Fisterra.