Na última sesión da Xunta de Goberno Local acordouse remitir á Xunta de Galicia toda a documentación necesaria para completar os trámites administrativos previos á execución do proxecto de acondicionamento e mellora da capa de rodadura da estrada de Requesende, na parroquia de Golmar.
A actuación será desenvolvida e financiado integramente pola Consellería do Medio Rural xa que, por solicitude do Concello da Laracha, foi incluída no Plan de Infraestruturas Rurais 2020.
O proxecto contempla a mellora da superficie de circulación dos vehículos coa aplicación dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente e tamén o acondicionamento dos sobreanchos existentes a consecuencia da realización de diversos peches de parcelas. O investimento superará os 48.000 euros.