Medio Rural permite de novo as queimas agrícolas controladas por particulares

A Consellería do Medio Rural informou de que se reactivan as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares na Comunidade Autónoma, así como as solicitudes de autorización para as de restos forestais amontoados.

Así, aquelas persoas que soliciten un novo permiso deben ter en conta que as comunicacións teñen que efectuarse sempre con dous días de antelación segundo a normativa, polo que poderán levala a cabo a partir deste venres, 7 de novembro. Estas comunicacións poden realizarse a través da web específica habilitada por Medio Rural ou mediante unha chamada ao 012.

Os cidadáns interesados deben confirmar que se trata dunha “queima correspondente a palla e/o material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/o gandeiras”. Se o trámite é realizado mediante unha chamada ao 012, deberán informar tamén desas circunstancias por teléfono.

Ademais, tamén se retoman as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais acumulados. Neste caso, e como vén sendo habitual, é necesaria a autorización administrativa, dado que representa maior risco de incendio.

Related posts

Medio Rural reforza a súa coordinación coa UME na loita contra os incendios forestais

UCIN Galicia propón un plan urxente para reforzar os PAC sen recortes e garantir a sanidade no rural

Falece o condutor dun vehículo tras unha saída de vía en San Cibrao das Viñas