Medio Rural recoñece o labor da Asociación A Croa de Camariñas

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, asistiu este sábado á presentación dos proxectos impulsados pola Asociación de propietarios forestais A Croa de Camariñas. José Luis Chan valorou de xeito positivo as iniciativas levadas a cabo por este colectivo que teñen como obxectivo dinamizar e poñer en valor os montes da zona.

Posteriormente, Chan participou nun percorrido guiado no que puido coñecer as localizacións nas que se prevé desenvolver actuacións estratéxicas vencelladas coa xestión conxunta do monte, a mellora ambiental e a prevención de incendios forestais. Neste sentido, visitou tamén as actuacións levadas a cabo pola Consellería do Medio Rural sobre o mantemento das infraestruturas de prevención de incendios dentro dos terreos propiedade desta asociación.

Related posts

‘Somos as mulleres que construímos Camariñas’: campaña para reivindicar o papel fundamental das súas veciñas polo 8M

O PIE da Laracha facilitará o acceso ao mercado laboral a 100 persoas desempregadas

O Plan Único acumula 150,6 millóns de euros e 764 obras na Costa da Morte desde a súa creación