Medio Rural reforza a súa coordinación coa UME na loita contra os incendios forestais

O director xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural, Manuel Francisco, mantivo este xoves unha xuntanza con mandos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). No encontro participaron, por parte do Exército, o tenente coronel xefe do Quinto Batallón de Intervención en Emerxencias, Pablo Samaniego, e o comandante xefe de Relacións Institucionais do Batallón, Iván Fernández.

A reunión serviu para reforzar o traballo conxunto e a coordinación entre o Servizo de Prevención e defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia e esta unidade das Forzas Armadas na loita fronte o lume, especialmente no que atinxe aos labores de extinción.

Related posts

As praias de Malpica únense á iniciativa “Praia Pallet”

Acordo PP-Vox para gobernar Estremadura catro meses despois da celebración das eleccións

Conclúen as obras de renovación da rede de abastecemento de auga na Avenida Méndez Núñez de Caión