Medra a compravenda de vivendas en case un 50%


A compravenda de vivenda en Galicia segue con resultados positivos no adianto interanual. En xuño medrou en case un 50% respecto ao mesmo mes de 2020. O prezo das vivendas rexistradas nas notarías galegas sufríu un descenso medio de case o 2% lastrado pola baixada do valor dos pisos fronte a vivenda unifamiliar que se vendeu un 3% máis cara, cunha suba xeralizada dos prezos.
En canto ás hipotecas, o informe do Consello xeral do Notariado sinala que tras 3 meses á baixa a contía media aumentou en Galicia case un 35%. En xuño asináronse case un 46% máis de hipotecas que fai un ano.