Medra de maneira preocupante a incidencia Covid na Costa da Morte

Hospital de Cee.

Tal e como publicou a Xunta de Galicia no balance deste martes a incidencia por Covid-19 a 14 días supera os 500 casos por cada cen mil habitantes. Cabe ter en conta que nas estatísticas reflíctense unicamente as persoas maiores de 60 anos. Nos concellos máis prexudicados a afectación queda, de momento, da seguinte forma: Cabana 521 casos, Carballo 624, A Laracha 729, Zas 890, Corcubión 870 e preocupa de forma especial a taxa recollida en Cee xa que supera os 1.130 casos por 100.000 habitantes, con máis de 87 enfermos, onde ademais hai 8 persoas ingresadas no Hospital Virxe da Xunqueira.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha