Medran as críticas contra o Goberno local de Santa Comba e o seu modelo de xestión

2 minutes read

Varias frontes abertas coinciden na deixadez e abandono do patrimonio local, na falta de celebración da festa dos maiores ou na organización dos torneos de fútbol de Santa Comba, e definen ao alcalde como un «chico superior con aires de ministro».

En primeiro lugar, o Partido Popular de Santa Comba emitía un comunicado expresando o seu desagrado e a súa sorpresa polo lamentable estado no que se atopa a Fervenza de Castriz este verán, un lugar emblemático e unha importante carta de presentación para todos os visitantes á capital do Xallas. O seu estado actual transmite unha imaxe de abandono que non beneficia nin ao turismo nin aos veciños, din.

Tubaxes saíndo da terra, as zonas de churrasqueiras cheas de sucidade, a maleza invadindo as escaleiras, bancos en mal estado, a pasarela deteriorada, o muíño e outros espazos sen o mantemento que merecen, coinciden cos principal estado de abandono que presenta.

Desde o PP, «pedímoslle ao alcalde, Alberto Romar, que actúe con urxencia e poña en marcha as labores de limpeza, mantemento e conservación que este espazo precisa», conclúen.

Outro dos asuntos en boca de todos é a celebración da Festa dos Maiores. Circulan rumores de que o executivo ten previsto facela para setembro, pero entre os interesados en ir existe certa desconfianza e incerteza sobre se terán que asumir parte do custo ou se, como noutras edicións, será totalmente gratuíta.

No ámbito deportivo as críticas xurden polos descontentos coa organización dos recentes torneos de fútbol, donde os participantes afirman que o alcalde non só non estivo á altura, senon que lonxe de esixir responsabilidades se atribuían os problemas a terceiros.

Noutra orde de cousas, o sindicato que representa aos traballadores e traballadoras municipais (CSIF) afirma que o persoal empregado público do Concello de Santa Comba continúa sen percibir os atrasos salariais que lle corresponden pola actualización retributiva aprobada polo Goberno.

Desde o CSIF lembran que esta subida salarial é de obrigado cumprimento para todas as administracións públicas, polo que consideran inxustificable o atraso no pagamento das cantidades pendentes e denuncia que esta situación está a provocar que o persoal leve meses agardando por unhas retribucións que lle corresponden por dereito.