A nova comisión de festas de Meirama, en Cerceda, que se formou en outubro con ideas renovadas, xa organizara en decembro a festa do San Andrés, algo que non se facía dende fai 30 anos aproximadamente. Agora, para pechar o Entroido, anuncian para este sábado 2 de marzo un día cheo de actividades para todos os públicos.
Empezando ca comparsa Monte Alto ás 13:00h que fará a sesión vermú, seguido dun cocido, que ainda estás a tempo de asistir. Pola tarde divertiranse coa comparsa e con un concurso de disfraces con premios en metálico para o mellor de cada categoría (individual, parexas, grupos e infantil). Tamén contarán con animación infantil e intetarán sacar unhas risas coa lectura do testamento. Para rematar, a festa seguirá a partir das 22:30h con dj Jesusiño, un coñecido dj da zona.