Mellora da rede viaria da Laracha

Neste caso trátase dunha completa actuación en todo o núcleo de Villamir, un destacado núcleo de poboación rural da parroquia de Soandres no que residen preto de setenta veciños.

O proxecto inclúe a mellora de cinco vías municipais que suman 1.064 metros lineais. En todos os casos será renovada a superficie de rodadura para facilitar a circulación dos vehículos e melloraranse as conexións das redes de saneamento e abastecemento. Ademais, nun dos tramos estase a ampliar a calzada, actuación que implica a construción dun muro de contención.

Precisamente a ese lugar desprazáronse o alcalde, José Manuel López Varela, e o edil de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, para coñecer o resultado dos traballos que se están executando.

O proxecto tamén inclúe outras actuacións na parroquia de Soandres. Unha delas, en fase de execución, afecta á estrada que une Currelos coa AC 523 e a través da que se facilitan as comunicacións co municipio de Cerceda e tamén cara o parque empresarial de Ledoño, pertencente ao Concello de Culleredo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha