Mellora das redes de distribución eléctrica do polígono empresarial de Aranga

1 minutes read

Concretamente levaranse a cabo traballos de reforzo, adecuación, adaptación e reforma das instalacións da rede de distribución existente en servizo para incorporar as novas instalacións. O prazo de execución deste importante proxecto será de doce meses desde o inicio do mesmo.

A nova liña permitirá executar un total de tres proxectos na provincia da Coruña en parques empresariais dos concellos de Vedra, Coirós e Aranga

En total, prevese mobilizar 2,3 millóns de euros a través destas iniciativas que contribuirán a garantir a seguridade e a calidade do servizo, unha vella demanda por parte das empresas. As axudas concedidas aos tres concellos coruñeses cubrirán o 80% do investimento, máis de 1,8 millóns de euros, e poden beneficiarse de anticipos de ata o 50%.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Aranga, Alberto Platas, visitaron o polígono empresarial de Montesalgueiro en Aranga no que se procederá a levar a cabo ditas actuacións.