A pasada fin de semana celebrouse na piscina Parquesol de Valladolid a segunda edición do Campionato de España de Distancias Curtas Xuvenil. Junior e Absoluto.
Entre os 239 socorristas que participaron atopábanse os deportistas do Salvamento Acuático Laracha, Pablo Amado Villar, Álvaro Hidalgo, Anxo López Rey e Noelia Loureiro Serrano, así como o adestrador Borja Dez García.
Noelia Loureiro conseguiu facerse co Récord de España e coa medalla de ouro da proba 50 m socorrista, na que Pablo Amado quedou sétimo, sendo o seu primeiro campionato nacional de piscina. Tamén, Anxo López quedou quinto na proba de 50 m combinada, e Álvaro Hidalgo quince en 50 m natación con obstáculos.
Anxo López conseguiu a cuarta posición na proba 100m supersocorrista, Álvaro Hidalgo a oitava no 25 rescate e Pablo Amado a décimo primeira no 50m rescate de maniquí con aletas.
Conseguindo todos eles, en ambas as xornadas, mellorar as súas marcas persoais e ampliar a súa experiencia en competicións nacionais.