Mellora de redes e renovación do pavimento na rúa Santander, en Corme-Porto

Por unha banda, renovarase a rede de distribución de abastecemento executando unha nova rede en tubaxe  de polietileno e renovando a valvulería. Tamén se porán novas acometidas ás vivendas para conseguir unha rede mallada que mellore a prestación do servizo de abastecemento de auga.

Ademais, renovarase a rede de saneamento coa execución dunha nova rede en tubaxe de PVC. Neste liña, serán renovados os pozos de rexistro e as acometidas das vivendas.

A maiores, executarase unha nova rede de recollida de augas pluviais en tubaxe de PVC, recollendo as  baixantes de pluviais das vivendas e instalando reixas de drenaxe transversais para a recollida da auga que discorra pola superficie.

Finalmente, renovarase todo o pavimento da zona de actuación. Con esta actuación buscarase dar continuidade á pavimentación existente nas rúas xa reformadas na súa contorna. Neste sentido, executarase un pavimento en  formigón desactivado combinado con adoquín de granito. Tamén se realizará a demolición e reposición dos chanzos existentes de acceso ás vivendas e/ou locais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha