Mellora paisaxística en varios tramos do Camiño de Santiago na comarca da Coruña

1 minutes read

Este proxecto inclúese dentro dos beneficiarios da liña de subvencións habilitada por Turismo de Galicia para a mellora paisaxística e embelecemento dos bens e recursos situados no Camiño de Santiago.

O obxectivo desta liña é apoiar actuacións sobre elementos etnográficos, vivendas e espazos agrarios situados na Ruta Xacobea así como traballos de naturalización e embelecemento do trazado que permitan ofrecer a mellor imaxe do Camiño de Santiago, especialmente de cara a celebración deste Ano Xacobeo bianual. As actuacións que recolle esta liña de axudas supoñen unha mobilización de recursos de máis de 1,4 millóns de euros dos que Turismo de Galicia achega o 75% do orzamento, preto dun millón de euros.

Nesta edición un total de 4 concellos da comarca da Coruña Abegondo, Betanzos, Miño e Paderne e 4 particulares de Cambre, A Coruña, Mesía e Sobrado son os beneficiarios con actuacións nos diferentes itinerarios do Camiño.