Mellora progresiva da situación dos incendios en España


A situación dos incendios forestais en España mellora. Castela e León xa non ten ningún foco con lapas. En Estremadura, o lume na Serra de Gata está controlado, o que permitiu o regreso das 109 persoas que foran evacuadas o mércores. Asturias e Cantabria, seguen pendentes de varios lumes que continúan calcinando centos de hectáreas no norte peninsular. Protección Civil alerta do risco extremo por altas temperaturas en case todo o país, e pide non tirar cabichas e botellas de vidro que fan efecto lupa co sol. Por este motivo, comunidades como Valencia e Cataluña pecharon o acceso aos seus parques naturais ata o próximo martes.