Mellora viaria en varios puntos de Soandres, na Laracha


O Concello ten en marcha un proxecto de mellora da rede viaria que afecta a varios puntos da parroquia de Soandres.

En todas as intervencións inclúese a renovación da capa de rodadura e o incremento da seguridade viaria coa correspondente sinalización horizontal e vertical. Ademais, en determinados puntos da rede viaria tamén se acometen outras intervencións complementarias relacionadas co acondicionamento de sobreanchos e a mellora das cunetas e da rede de recollida de pluviais segundo as necesidades que presentan cada un dos tramos afectados.

As obras previstas xa están concluídas en estradas dos núcleos de Boimir, O Priorato e A Abeileira. Outros puntos de intervención nos que os traballos rematarán nos próximos días son Condesuso, Condes, As Táboas e A Ponte da Veiga.

A execución do proxecto consta dun investimento total en torno aos 120.000 euros.