Melloradas as pistas de pádel de Cerceda

1 minutes read

O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez; o concelleiro de Deportes, Jesús Rama; o presidente da Federación Galega de Pádel, Manuel Fernández e o secretario da mesma, Manuel Codesido, acudiron á presentación das melloradas pistas de pádel na nave municipal anexa ó campo do Roxo. A pista central presenta chan profesional do circuito World Pádel Tour.

Á súa vez, está previsto domotizar o acceso para poder facer uso das instalacións a calqueira hora, mediante un código dixital.

As reservas para xogar, polo momento, poden facerse a través do novo sistema dixitalizado, na dirección www.cerceda.padelprix.com, ou ben no número de teléfono 677 428 652.