Melloras de pavimentación e ordenación do tráfico no porto de Sada


A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investirá 166.000 euros nas obras de mellora da pavimentación en diferentes zonas do porto de Sada. O ente público iniciou esta mesma semana os traballos cunha primeira actuación no peirao do martelo na zona deportiva.

As obras de pavimentación enmárcanse dentro do contrato global asinado polo organismo dependente da Xunta para a renovación de firmes deteriorados en diversas dársenas das tres provincias costeiras e que se atopa en execución por un importe global de 1,6 millóns de euros. O obxecto deste programa de actuacións é repoñer os firmes en determinadas zonas portuarias.

No porto de Sada, ademais da actuación no porto deportivo, executaranse melloras noutras dúas áreas: melloraranse os firmes das chancelas do peirao pesqueiro e a vía posterior do centro comercial así como a súa contorna. Nesta última zona os traballos completaranse coa sinalización horizontal e vertical para a reordenación da circulación, mellorando o tránsito peonil. Ademais, habilitaranse 166 novas prazas de estacionamento, seis delas reservadas para usuarios con mobilidade reducida