42
- A actuación afecta aos núcleos de A Braña, A Cacharra, A Fraga e A Teixoeira
O Concello da Laracha ten en fase de execución un amplo proxecto na parroquia de Cabovilaño dirixido a ampliar a rede de saneamento e mellorar as condicións da estrada entre os núcleos de A Braña, A Fraga, A Cacharra e A Teixoeira. Para estas intervencións o concello destina arredor de 80.000 euros.
Actualmente estanse instalando as tubaxes de saneamento nun novo tramo que conectará coa rede existente en A Cacharra para, posteriormente, proceder á pavimentación do mesmo con aglomerado asfáltico.
O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Jesús Souto e Patricia Bello comprobaron o desenvolvemento destes traballos no punto no que se executan as obras.