As obras, financiadas pola Deputación de A Coruña, suporán a creación dunha senda peonil de 2 metros de ancho na marxe dereita da estrada e a ampliación da vía, que actualmente varía entre os 4,5 e 5,3 metros de anchura, a dous carrís de 3 metros cada un e arcéns de 0,5 metros. Deste xeito a vía ampliarase de 5 a 9 metros, mellorando a súa capacidade e a seguridade dos peóns e vehículos que circulen por ela. Así, dotarase á ruta unha capa superficial de rodadura.
Dentro do proxecto tamén se inclúen diversas obras de urbanización. Instalarase no tramo nova iluminación LED, o que permitirá mellorar a eficiencia enerxética municipal. Na actuación de acondicionamento remodelarase o aparcamento fronte ao colexio e executarase unha rede de recollida de pluviais con tubaxe PVC. Tamén se instalará sinalización viaria. O prazo de execución das obras será de 5 meses.