Veñen de ser aprobadas por unanimidade na comisión de Vías e Obras da Deputación da Coruña, contan cun orzamento de 995.368,84 euros, aos que hai que sumar os 94.154,67 que se destinarán ás expropiacións necesarias para levar a cabo o proxecto.
As actuación proxectadas na DP-2302, que une os núcleos de Hospital e Brens, entre os PK 2+100 e 5+890. Consisten na mellora da estrada, aumentando a sección actual dotándoa de dous carrís de circulación con 3 metros de ancho e beiravías de 0,50 metros, e na modificación de catro interseccións, co suavizado de curvas e a execución de carrís de espera e cuñas para facilitar as incorporación e mellorar a visibilidade, Ademais, repoñerase o firme en toda a zona de actuación.
O obxectivo desta actuación é mellorar as condicións de seguridade viaria na zona, garantindo a coexistencia de peóns e automóbiles e mellorando a funcionalidade en certos tramos da estrada