Melloras na estrada do cruzamento de Fragunde e O Pereiro, A Laracha

Ayuntamiento de A Laracha

  • A actuación é financiada integramente con fondos municipais

O Concello da Laracha continúa desenvolvendo actuacións dentro do Plan de mellora, mantemento e conservación dos máis de seiscentos quilómetros lineais que conforman a rede viaria municipal.

A última intervención executada localizouse na parroquia de Vilaño, en concreto no cruzamento entre os lugares de O Pereiro e Fragunde, onde se mellorou a capa de rodadura para «facilitar o tránsito dos vehículos e aumentar a seguridade viaria», destacan desde o Goberno local.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o edil de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, supervisaron estas obras que son financiadas integramente con fondos propios municipais.