Melloras na rede viaria e saneamento de Xermaña, na Laracha

Concello de A Laracha

  • As obras, valoradas 63.000 euros, comezarán a executarse nos próximos días

As obras do proxecto de mellora do saneamento e da rede viaria no núcleo de Xermaña, na parroquia de Caión, comezarán a executarse nos próximos días despois de que o alcalde, José Manuel López Varela, e o representante da empresa Construcciones Cernadas S.L. formalizasen o contrato.

Este proxecto, valorado en 63.000 euros, inclúe dúas intervencións diferenciadas: a mellora do saneamento de residuais, estando prevista a instalación dunha rede de impulsión para facilitar a evacuación cara a rede xeral, e o acondicionamento da rede viaria, con actuacións de renovación de dous camiños de titularidade municipal situados no mesmo núcleo de Xermaña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha