Melloras na seguridade viaria de Ponte do Porto a Camelle, en Camariñas

1 minutes read

A Deputación da Coruña aprobou no pleno celebrado este venres o proxecto técnico para a mellora da seguridade viaria na estrada DP 1601 que vai de Ponte do Porto a Camelle, no Concello de Camariñas, cun investimento de 187 mil euros.

As obras levaranse a cabo en varios tramos to punto kilométrico 4 e inclúen a construción de beirarrúas en ambas marxes da estrada cun ancho medio de 2 metros, a dotación de beiravías de 0,5 metros, a execución dunha zona de estacionamento de vehículos en liña na marxe dereita da estrada e, por último, a renovación do pavimento de todo o tramo.

Ademais, no proxecto tamén se contempla a renovación da iluminación existente na estrada e a reposición dun tramo de rede de saneamento na marxe esquerda, xa que resultará afectado polas obras, que contan cun prazo de execución de 5 meses desde o inicio das mesmas.

Do orzamento total 12.316 euros corresponden ás expropiacións necesarias para a execución dos traballos.