A Asociación de Familiares de persoas con Alzhéimer e outras Demencias de Viveiro (AFAViveiro) foi creada en 2005 para levar a cabo unha serie de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida dos enfermos de alzhéimer e outras demencias e os seus familiares, así como para ofrecer información, asesoramento e orientación a todas as persoas que así o demanden. Unha finalidade similar a de Afaber e que quixeron coñecer de preto este xoves Enrique Rojo de Afachantada e José Amador, de Afa Viveiro. Ambos tiveron a ocasión de visitar Carballo co presidente de Afaber Jesús Villar, saudar ó alcalde da vila Evencio Ferrero, tratar temáticas en común e por último intercambiar agasallos acordando outra xuntanza próxima.