A Xunta de Galicia e a Federación Alzhéimer Galicia (Fagal) abordaron as necesidades das persoas con esta doenza neurodexenerativa nas XXI xornadas interdisciplinares organizadas pola entidade. O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria participou na inauguración deste encontro, que se desenvolveu na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Antón Acevedo transmitiu o recoñecemento a todas as entidades que forman parte de Fagal que traballan a diario para mellorar a situación das persoas con alzhéimer. Durante o encontro abordáronse, entre outras cuestións, as boas prácticas na atención aos maiores e ás persoas con demencia. Tamén estiveron presentes membros de Afaber, Asociación de familiares de persoas afectadas pola enfermidade do alzhéimer e outras demencias na comarca de Bergantiños, destacando que as/os protagonistas foron persoas diagnosticadas con Alzhéimer e outras demencias. Rompendo así cos estigmas relacionados cas enfermidades dexenerativas.
17