Mentoring | Un programa dirixido á consolidación dos negocios dos autónomos

Cedida.

A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou nun webinario da Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas (APE Galicia) no que puxo en valor a segunda edición do programa de Mentoring da Fundación Ronsel, co que a Xunta colabora, e que está dirixido a que uns 200 profesionais autónomos de Galicia consoliden os seus negocios. A iniciativa este ano está orientada de xeito especial a reducir o impacto negativo da covid-19 nas empresas. O programa prevé chegar a 70 persoas traballadoras autónomas na provincia da Coruña, 70 en Pontevedra, 30 en Lugo e 30 en Ourense.

Mentoring, en palabras de Toca, ten o triplo obxectivo de reducir os riscos das persoas autónomas na súa actividade profesional, acompañalas na consolidación dos seus negocios e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión, ao incremento dos seus contactos e actividade económica. A iniciativa permite, en concreto, adaptar as ensinanzas a cada realidade, nun proceso baseado na confianza mutua entre o mentor, e o beneficiario, onde a experiencia do primeiro pode chegar a ser un factor diferencial para maximizar o rendemento do servizo que ofrece o segundo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha