Menú | De primeiro prato Pincho Irmandiño, de segundo Percebes e de postre Cereixas


A Costa da Morte explota de festa e alegría tras tres anos de reclusión pandémica. Miles de persoas déronse cita -e seguen- este venres e sábado en Vimianzo, no esperado Asalto ao Castelo, con todas as actividades gastronómicas, musicais e culturais que o rodean. Tamén o a Festa do Percebe do Roncudo, en Corme. Para este domingo queda ‘de postre’, a Festa do Bosque en Carballo e a Feira das Cereixas en Paiosaco.

Este sábado, desde primeira hora da mañá, Vimianzo acolleu a Feira Artesanal, que trasladou ao municipio ao medievo, ofrecendo máis de 40 postos. A xornada deixou tempo tamén para talleres como os de gloflexia, os Xogos de Mesa Irmandiños, técnicas de combate medieval, o torneo de xadrez, de esgrima infantil ou de moda. Xa entrada a tarde, chegou a hora dos máis pequenos co Asaltiño. Tras a cea medieval e o concerto da artista galega Sedes, chegou o momento máis esperado do día. Foi entón cando milleiros de veciños e veciñas e persoas visitantes, ataviados con traxe da época, acenderon os seus fachos, ergueron o ariete e tomaron rumbo cara ao Castelo. Precisamente neste lugar iniciáronse as hostilidades contra os señores feudais ao berro de «Lumeee».

Momento do Asalto ao Castelo de Vimianzo.

En Corme, centenares de persoas, que sumaron miles, déronse cita este sábado con motivo dunha nova edición da Festa do Percebe do Roncudo. O marisco, protagonista do evento, deu paso aos Djs que triunfan e arrasan por onde van, entre eles os radiofónicos da emisora de radio Novahit, Dj Roy e Dj Charlie, o ‘petaran’ na Mikaela de Buño, e non foi casualidade, volvérono facer en Corme, a instantanea de portada fala por sí soa. En Corme tamén estiveron, entre outros, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañados do alcalde de Ponteceso, o socialista Xosé Lois García Carballido.

Autoridades na Festa do Percebe do Roncudo, en Corme.

De postre, para este domingo, e non menos importante, chegab á localidade larachesa de Paiosaco a Feira das Cereixas, onde amenizou o ambiente matutino Malandros Escola de Samba. A festa continuou pola tarde coa actuación da AC Queiroga ás 19.30 horas e pechou o programa a partir das 22 horas a actuación de Guadi Galego.