“Merca local no Nadal”, a nova campaña de reactivación económica en Malpica

  • A iniciativa estará activa desde o 15 de decembro ata o 5 de xaneiro de 2021

O Concello de Malpica impulsa a campaña “Merca local no Nadal” para dinamizar o pequeno e mediano comercio e a hostalaría. Estará activa desde o vindeiro 15 de decembro ata o 5 de xaneiro de 2021.

Na iniciativa poderá participar calquera PEME do sector comercial, hostaleiro, de restauración ou industrial que se atope no termo municipal. Os interesados deberán inscribirse antes das 14:00 horas do 14 de decembro.

1.000 euros en premios

O premio estará dotado de 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 200 euros cada unha. Estas tarxetas, que serán válidas durante os dous meses posteriores á entrega das mesmas, poderán usarse en todos os establecementos adheridos á campaña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha