25
Malpica está de moda, e a xente sábeo, moito que ver teñen as distintas actividades programadas dende as diferentes concellarías do Goberno local. Tanto a Festa Galega como o Mercado Medieval Mariñeiro están a ter unha gran aceptación, 32 postos na rúa e múltiples actividades paralelas enlazadas con variadas actuacións musicais están a ser a ledicia de residentes e visitantes. Ademais na vila, fixo unha parada o stand sobre rodas de “Galicia sabe Amar”, un programa da Consellería do Mar para promocionar os produtos mariñeiros da terra. A vila xa quenta motores para o prato forte da seguinte semana, as Festas do Mar.