Mercado Pirata e cine ao aire libre en Laxe | Citas

1 minutes read

Laxe contará os días 5, 6 e 7 de agosto, na praza dos Voluntarios, coa IX edición do Mercado Pirata, cunha espectacular recreación histórica onde non faltarán a música e a animación cultural, os postos de artesanía e alimentación ou un carrusel ecolóxico. A apertura será o venres, de 19 a 23 horas, e sábado e domingo de 11 a 14:30 horas e de 18 a 23 horas. Ademais, todas as noites haberá un espectáculo de lume ás 22:30 horas.

Cine ao aire libre

O Concello de Laxe tamén programa para este mes de agosto a proxección de varias películas en galego para un público familiar e ao aire libre. Como novidade, a actividade percorrerá varias parroquias.

  • Sábado 13. ‘Maimiño e o espello máxico’. (Praza de Ramón Juega ás 22:30 horas).
  • Sábado 20. ‘Pinocho 3000’. (Zona do local social dos veciños de Serantes, ás 22:30 horas).
  • Venres 26. ‘Nocturna, unha aventura máxica’. (Fronte á igrexa de Matío, en Nande, ás 22:30 horas).