Mercadona confirma que reduce horario e aforo dos seus supermercados

0 minutes read

Mercadona comunicou mediante un escrito oficial aos medios que a partir deste luns 16 de marzo, modificará o horario de apertura das súas tendas, que pasase a ser de 9 a 20 horas, aínda que se irá adaptando ás circunstancias cambiantes. Tamén se tomarán medidas en relación ao aforo: controlarase o aforo dos supermercados e sinalizarase a distancia mínima esixida entre persoas. Ademais e de maneira excepcional, Mercadona suprime o seu servizo a domicilio, polo que, ata novo aviso, non será posible facer compras online.